Os libros arden mal

Fiction & Literature, Action Suspense
Cover of the book Os libros arden mal by Manuel Rivas, Edicións Xerais
View on Amazon View on AbeBooks View on Kobo View on B.Depository View on eBay View on Walmart
Author: Manuel Rivas ISBN: 9788499146447
Publisher: Edicións Xerais Publication: January 24, 2014
Imprint: Edicións Xerais Language: Galician
Author: Manuel Rivas
ISBN: 9788499146447
Publisher: Edicións Xerais
Publication: January 24, 2014
Imprint: Edicións Xerais
Language: Galician

O río da vida e da morte. Unha moza lavandeira que le nas marcas da auga a historia da súa xente. Despois da auga que fecunda a memoria, axiña aparecerá un fogo destrutor, as labaradas do odio... Así comeza Os libros arden mal, a agardada novela de Manuel Rivas que se desenvolve nun período que vai do 1881 deica os nosos días, entre o falecemento de George Borrow e o dun vello anarquista galego chamado Polca. Esta obra, como moitos dos personaxes que a habitan, podería levar tatuada na pel aquel sobre aviso que Luís Vives transmitiu a Erasmo: "Non se pode falar nin calar sen perigo". A protagonista principal é a linguaxe, as verbas que forman parte do corpo, a igual que os ósos, os ollos e os dedos. A loita entre as palabras feitas para dominar, e as palabras eivadas. Entre a linguaxe do poder autoritario e a linguaxe que sobrevive na penumbra. A linguaxe bélica e o latexo dionisíaco da fala popular. A linguaxe dogmática da relixión e a fala carnal e erótica do entroido. Unha obra que intenta pescudar, por un camiño interior, de intersticios, con sutileza e sen dogma, no inexplicábel histórico.A estrutura desta novela semella o dunha esfera armilar, composta por moi diferentes órbitas nas que os astros, ademais das vidas humanas, son os libros, as pertenzas, os animais, as plantas, e as palabras, elas mesmas a moverse como seres vivos. Unha esfera armilar tamén no entrelazar de xéneros, cunha órbita maior, a ficción narrativa a xeito de thriller, no que o caso central é a historia dramática da cultura, que contén en círculos concéntricos a poesía, o ensaio histórico, a crónica xornalística, formas de literatura popular como as novelas do Oeste. Unha esfera tamén que entrelaza multitude de voces, nunha escrita encarnizada, sempre en vilo, que vai e vén entre os territorios da dor e o gozo erótico.

More books from Edicións Xerais

Cover of the book Escarlatina, a cociñeira defunta by Manuel Rivas
Cover of the book Non hai noite tan longa by Manuel Rivas
Cover of the book En salvaxe compaña by Manuel Rivas
Cover of the book Soños de mar by Manuel Rivas
Cover of the book Unha estrela no vento by Manuel Rivas
Cover of the book A Pomba e o Degolado by Manuel Rivas
Cover of the book Fantasmas de luz by Manuel Rivas
Cover of the book Contra todo isto by Manuel Rivas
Cover of the book Ámote Leo A. Estación de tránsito by Manuel Rivas
Cover of the book Mil cousas poden pasar. Libro II by Manuel Rivas
Cover of the book O sangue dos camiños by Manuel Rivas
Cover of the book Un animal chamado néboa by Manuel Rivas
Cover of the book Volverás, golfiño by Manuel Rivas
Cover of the book Liquidación de existencias by Manuel Rivas
Cover of the book Ás de bolboreta by Manuel Rivas
We use our own "cookies" and third party cookies to improve services and to see statistical information. By using this website, you agree to our Privacy Policy